luns, 19 de decembro de 2016

Oferta de cara ó Nadal

Pola súa calidade de deseño e edición, engadida á súa calidade literaria, os libros da colección A nosa voz entenden poden ser un regalo moi ben recibido. Se Vde. quere agasallar alguén por estas datas, ou agasallarse a si mesmo, pódenos encargar tres exemplares –un exemplar de cada libro, dous exemplares dun e un doutro, tres exemplares dun só– pagando dous deles e recibindo o outro sen cargo: 80 euros en total, libres de gastos de envío.

  • Nº 1 Os trobadores de Occitania. Escolma, edición e traducións de Darío Xohán Cabana. Edición bilingüe, 638 páxinas.
  • Nº 2 Francesco Petrarca: Cancioneiro, seguido das Rimas dispersas. Nova tradución de Darío Xohán Cabana. Edición bilingüe, 667 páxinas
  • Nº 3 Dante Alighieri: A Divina Comedia. Nova tradución de Darío Xohán Cabana. Edición bilingüe, 757 páxinas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario